«Xornada antinuclear galega» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Unha nova sociedade: do poder local ao pacifismo

Material

Unha nova sociedade: do poder local ao pacifismo

«Xornada antinuclear galega»

Image 1
Detalle
Convocatoria dunha xornada de movilización en contra de enerxía nuclear por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, empregando a referencia da data de “3 de San Xoán” no canto de “3 de xuño”. A campaña contra a enerxía nuclear e os vertidos radioactivos nas costas galegas foi unha das bandeiras do activismo ecoloxista na España da transición, vencellándose así ás correntes ambientalistas occidentais. A movilización ecoloxista no espazo galego atopou cifras de manifestantes de grande impacto, desprazados a localidades que, pola súa propia ubicación non era doado observalo. Para todos aquelos territorios significaba en moitas ocasións asumir a modernidade das protestas, entender que non se atopaban afastados doutros entornos, nomeadamente urbáns, de maior protagonismo político. Outras loitas notables foron as campañas realizadas contra os vertidos na Foxa Atlántica, os encoros, a contaminación da industria da celulosa ou do aluminio, todas elas con localizacións ben sinaladas no territorio galego.
Descrición
Propaganda anunciando a celebración galega da xornada internacional de acción antinuclear. Deseño: unha torre de refrixeración dunha central nuclear cunha pomba na abertura superior. Cores negra, branca e vermella, cunha longa sombra negra da torre. No canto de "xuño" fai referencia ao "3 de San Xoán".
Metadatos