«III Maratón Popular da Coruña» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«III Maratón Popular da Coruña»

00/00/1980
Cartel da Asociación de Veciños das Atochas-Monte Alto “Torre de Hércules” da Coruña no que se anuncia o III Maratón Popular da Coruña. As asociacións levaban presentes en España dende a Lei xeral de asociacións do ano 1964, se ben se atopaban moi sometidas a un ríxido control franquista. Naqueles anos setenta foron escolas de cidadanía e de formación de hábitos de convivencia e tolerancia, así como viveiros de organización colectiva e participación na ‘ágora’ pública. No ámbito urbano, a principal demanda foi a de infraestruturas civís para os novos barrios de aluvión que recollían a emigración rural dos sesenta e setenta. O contacto estreito co seu contorno levou a desenvolver todo tipo de actividades cívicas e participativas, que a Administración local tiña desatendidas.
Descrición III Maratón Popular da Coruña. Debuxo dunhas persoas correndo. 22 de xuño de 1980, 10:00.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1980
Medidas
63 x 48
Entidades
Edición: Concello da Coruña
Edición: Asociación de Veciños das Atochas-Monte Outo [AVAMO]
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
CCG_HISP_FMG_SOLT-CART2-246
Notas
Repetido en SOLT-3