Retrato ao óleo de Juan A. Saco Arce, realizado a título póstumo por José María Mendiguchía, mestre de debuxo desde 1889 no Instituto de Segunda Ensinanza de Ourense, no que tamén exercera docencia Saco Arce. No retrato aparece coa medalla de catedrático e a Gramática Gallega na man. Actualmente forma parte da galería de retratos do IES Otero Pedrayo
Documento dixital: fotografía realizada por Afonso Vázquez-Monxardín e doada para a súa publicación no Álbum de Galicia. Outros usos, consultar do autor.