«25 de xulio, Dia da patria galega» / Documento. Panfleto/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Aqueles 25 de xullo

Material

Aqueles 25 de xullo

«25 de xulio, Dia da patria galega»

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Detalle
Neste panfleto de 1978 o Movemento Comunista de Galicia (MCG) casa dous idearios: por unha banda unha visión nacionalista sobre o momento político, con chamadas á "autodeterminación do pobo galego”, goberno propio e a "normalización da lingua" ou a presenza dunha bandeira co lema "Viva Galicia ceibe", lema de uso común entre o nacionalismo galego mesmo dende os anos da Segunda República. Pola outra, os grandes temas dos comunistas do momento: a amnistía e temas de carácter social coma o paro ou a emigración -nun contexto, non esquezamos de alarmante inflación e crise económica-. O MCG tamén asinara as Bases Constitucionais e mantiña un especial impulso na sua vontade de difusión social -especialmente urbán-, con órganos de expresión escrita como Galicia en loita< e Servir ó pobo.
Descrición
Chamamento a manifestación do 25 de xullo. Debuxo dun grupo de persoas sostendo un cartaz que reza "Viva Galicia Ceibe".
Metadatos