«Es el momento de Galicia. Si votas hoy...mañana decidirás»
Detalle
Panfleto de propaganda que anima a participar no referendo do 15 de decembro de 1976 para aprobar a Lei para a reforma política. O primeiro, e indispensable, paso da transición dende a ditadura á democracia era a vontade de autodisolución. O famoso ‘haraquiri’ das Cortes franquistas non estivo exento de riscos e presións dende o propio Estado. O referendo desa vontade nas urnas foi levado con especial empeño. Tratouse dun proceso sen precedentes na Europa contemporánea e proporcionou o ámbito necesario para negociar unha saída da ditadura sen pasar polo perigo real dunha creba do Estado. A idea central residía en seguir dando a seguridade para moita xente de que o Estado pilotaba ese futuro en democracia. Xa dende o primeiro momento as referencias identitarias se atopaban ben presentes.
Descrición
Propaganda que anima, en castelán e galego, a participar no referendo do 15 de decembro de 1976.