Descrición
Chamamento a unha manifestación contra a enerxía nuclear en Galicia, no contexto das III Xornadas Antinucleares. Acúsase á política enerxética de ser un fiel reflexo dos intereses das grandes corporacións. Convocan diferentes organizacións políticas de esquerdas e asociacións en defensa do medio ambiente. Día 7 de xuño ás 12h en Praza de Portugal, probablemente en Vigo.


