Descrición
Chamamento a unha manifestación contra a Guerra Civil no Salvador, denunciando carácter imperialista deste conflito, perpetrado polos intereses dos Estados Unidos. Debuxo dun home con gabardina, na que leva gravada as siglas DC (Democracia Cristiá), suxeitando unha táboa na que un home coa boca tapada e unha etiqueta que reza "El Salvador" escorre cara á boca dun monstro que simboliza a Xunta Cívico Militar. Praza de Portugal, 26, 19:30.


