Descrición
Chamamento do BNPG ao voto negativo no referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia, denunciando os límites que impón para a soberanía nacional, e defendendo as Bases Constitucionais. Tamén realiza o anuncio dun mitin no que o partido porá de manifesto a súa postura fronte ao Estatuto de Autonomía. Vigo, Cine Disol, 30 de novembro, 20:00.


