Descrición
Manifesto do BNPG no que se denuncia a represión do Estado contra dirixentes e militantes nacionalistas, ao amparo da Lei de Seguridade Cidadá. Solicitan a dimisión de Juan José Rosón, ministro titular do departamento de Interior, e amosan a súa solidariedade co pobo de Euskadi e a súa loita pola liberación nacional.


