Descrición
Posición do "Comité Local da Cruña" do Sindicato Unitario ante as mobilizacións do 1º de maio. Denuncia a crise económica provocada polos Pactos da Moncloa, a ofensiva da Patronal e a UCD, a complicidade de CCOO e UGT e a celebración de "convocatorias antiunitarias" que desprazan outros sindicatos e os traballadores (nomeando como exemplo a "convocatoria do día 5 como xornada de loita contra o paro"). Proclamación da necesidade dun "Frente común reivindicativo polo pan, o traballo e a liberdade".


