Descrición
En 1992 o Consello da Cultura Galega puxo en marcha “Galicia e América”, a mostra que conmemoraba cinco séculos de historia e que tivo un amplo programa de itinerancias por Arxentina, Brasil, México e Estados Unidos. Supuxo o inicio do programa de exposicións da institución.