Propaganda electoral da Alianza Socialista Democrática para as eleccións xerais de 1977. Na cara A vese unha fotografía en branco e negro do candidato Manuel Gómez-Reino Carnota; na cara B, un texto con varias razóns para votar pola ASD e, na parte inferior, o lema "A socialdemocracia e o futuro pra Galiza".