Descrición
Documento da LCR no cal analiza a situación política e propón o voto para a coalición Bloque-PSG nas eleccións xerais de 1982. A portada e a contraportada están ocupadas fundamentalmente por viñetas que representan elementos contrarios á ideoloxía da LCR. No interior, a dita análise estrutúrase nos seguintes apartados: "Qué garantia de cambeo?", "As condicións pra un cambeo", "Qué votar?" e "E despois?". En cada epígrafe aparecen pequenas fotografías dalgúns políticos e militares e imaxes de logotipos dalgunha loita o manifestación.


