«A todo o pobo galego» | Imaxe. Panfleto | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Panfleto

«A todo o pobo galego»

25/10/1975
Descrición Nos estertores do franquismo, a UPG desconfía de calquera cambio político procedente da burguesía (liberalismo ou socialdemocracia) e anima aos traballadores a apostar pola vía revolucionaria para conseguir a soberanía nacional de Galicia. Fíxanse distintos obxectivos que a UPG persegue de cara a acadar a independencia nacional e o socialismo en Galicia: a institucionalización da ANPG coma órgano representativo da vonta do pobo galego, amplas liberdades políticas, institucionalización de sindicatos galegos, liberación dos presos políticos e retorno dos exiliados, disolución das forzas represivas e establecemento de órganos económicos e sociais que servan os intereses dos galegos.
Tipo de material
Imaxe. Panfleto
Data
25/10/1975
Entidades
Edición: Unión do Pobo Galego
Mención: Asemblea Nacional-Popular Galega [ANPG]
Etiquetas
Ficha descritiva
Panfleto