Descrición
Anuncio do Sindicato Obreiro da Construción, que forma parte da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos, co que se comunican accións contra o acordo da patronal e os sindicatos Comisiones Obreras e Unión General de Trabajadores, por terense negado a admitir a presenza no primeiro nas negociacións. Espérase que Maxistratura de Traballo se pronuncie de xeito favorable e se poidan mellorar as condicións ata o momento negociadas.


