Descrición
Chamamento da Intersindical Nacional Galega aos traballadores galegos para que se mobilicen o día 25 de xullo, nun momento de grandes dificultades para aqueles, demostrando así a vontade por defender o programa das bases constitucionais da nación galega, así como un goberno das clases populares, contra o capitalismo colonialista.


