Andrés Comerma, un home do renacemento no século XIX | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Andrés Comerma, un home do renacemento no século XIX

Descrición Vídeo divulgativo (5´ 56´´) sobre a vida e obra do enxeñeiro naval Andrés Comerma (Valls, 1842 - Ferrol, 1917), a quen a Real Academia Galega de Ciencias dedicou o Día da Ciencia en Galicia en 2020. Na peza preséntanse os seus principais datos biográficos, así coma as características das súas dúas obras máis sobranceiras no eido da enxeñaría naval: o Dique da Campá (a maior obra de construción realizada en Galicia en todo o século XIX) e o proxecto do túnel submarino baixo o estreito de Xibraltar (proxecto visionario que, malia non chegar a executarse, pasaría á posteridade pola súa gran calidade técnica).
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 56 segundos
Entidades
Creación: Real Academia Galega de Ciencias