Descrición
Abel Bouhier é coñecido especialmente no mundo galego pola súa investigación sobre Galicia. En 1977 presentouna como tese de Estado no seu país, co título "La Galice. Essai géographique d´analyse d´interprétation d´un vieux complexe agraire", unha obra destacada que o CCG traduciu ao galego en 2002. Esta é unha imaxe da presentación á que asistiron Ramón Villares, Manuel Fraga, Alfonso Zulueta, Diz Guedes e Julio Fernández Gayoso.


