Descrición
Antonio Fraguas, “Forges”, participou en 2006 nas xornadas “Cultura e concellos: a acción cultural nos espazos urbanos”, nas que mesmo chegou a debuxar en directo. Alí fixo referencia á súa ascendencia galega, da Fonsagrada, e lembrou o papel do humor e a cultura para axudar a rematar coa desorientación da cidadanía na sociedade do momento.


