Descrición
O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Cabido da Catedral de Santiago asinaron en 2004 un convenio de colaboración para a recuperación do patrimonio histórico galego. Trátase, en concreto, da recuperación e o tratamento dos fondos epigráficos pétreos conservados no Museo Catedralicio. Compareceron perante os medios de comunicación o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio; o deán, Manuel Calvo Tojo; o director do Museo, Alejandro Barral, e o presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz.


