Descrición
Xaquín Lorenzo foi un apaixonado da fotografía. En 2004, ano en que lle dedicaron o Día das Letras Galegas, o Consello da Cultura Galega organizou a exposición "Xaquín Lorenzo, o fotógrafo", unha mostra máis intimista sobre as súas aproximacións fotográficas máis persoais: as dos retratos, as paisaxes e os ensaios fotográficos.


