Descrición
O alumnado de Plástica e Visual de 4º da ESO do IES Rosalía de Castro, coordinado por Soledad Pite, interpretou mediante a xilografía os debuxos cos que Xocas ilustrou os seus traballos de etnografía, oficios e paisaxes. Desta colaboración saíu a publicación "Agasallo de cores para Xaquín Lorenzo".


