Descrición
Declaración do Partido Comunista de España (marxista-leninista) a favor do dereito de autodeterminación das nacionalidades históricas do Estado español (Euskadi, Catalunya e Galicia) como parte da defensa dos intereses da clase obreira. Deféndese, do mesmo xeito, un sistema republicano, popular e federativo, fórmula que se entende como a máis adecuada para a consecución dos dereitos nacionais dos pobos e a unidade dos mesmos de cara ao seu desenvolvemento e a defensa fronte ós seus inimigos de clase.


