O Partido Comunista de España (M-L) foi unha escisión do Partido Comunista de España en 1967 que comezou a ter actividade en Galicia a partir dun núcleo formado por estudantes da USC. A estética combativa do cartel encaixa con este partido impulsor do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP), disolto no ano 1978. O cartel cita expresamente a continuidade do sistema político, mencionando explicitamente a autonomía como "continuísmo franquista" e avoga pola "loita pola república". Hai un matiz diferente no encabezamento, nada inocente: a definición do 25 de xullo como "día da patria e do pobo galego", poñendo en primeira liña ambos conceptos.
Descrición
Panfleto que informa do mitin-concentración na cidade de Santiago de Compostela, organizado pola Convención Republicana de Galicia para o 25 de xullo, Día da Patria e do Pobo Galego, contra o continuísmo franquista e polo dereito de autodeterminación e a república.