Descrición
A literatura sempre foi unha boa fonte de inspiración para o cinema. No ano 2004, co apoio da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, participamos nun foro que puña en contacto estas dúas industrias culturais. A este encontro asistiu José Luis Cuerda, que estaba moi vencellado a Galicia tras o éxito do seu filme "A lingua das bolboretas".


