Descrición
No marco do congreso "Galicia - Irlanda", González Laxe foi un dos relatores participantes na mesa "Dous países de industrialización tardía", moderada por Xosé Manuel Beiras, quen destacou a condición periférica das economías galega e irlandesa e como o seu desenvolvemento industrial serodio condicionou a súa evolución posterior.


