Que fai da tuberculose o maior asasino infeccioso do mundo? | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Que fai da tuberculose o maior asasino infeccioso do mundo?

Melvin Sanicas (autoría)
Descrición Vídeo de TED (5´ 17´´) no que Melvin Sanicas, experto en vacinas e en enfermidades infecciosas, nos explica como se converteu a tuberculose na enfermidade infecciosa máis letal do mundo, causando actualmente máis mortes ca a malaria ou a sida. Cóntanos cales son os principais síntomas desta doenza de orixe bacteriana e cales son os tratamentos máis efectivos dos que dispomos na actualidade.

Tradución ao galego de Sandra Viz Lasheras para #TedSaúde 2022.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Medidas
5 minutos e 17 segundos