Previr o cancro a golpe de xiringa | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Previr o cancro a golpe de xiringa

Descrición A comunidade científica sabe hai xa máis de cen anos que determinados virus son quen de causar cancro. Concretamente, a día de hoxe están identificados sete virus oncóxenos, é dicir, capaces de promover certos tipos de cancro. Neste vídeo divulgativo (8´ 10´´) Paula Otero Sánchez, estudante predoutoral no CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela, fálanos desta relación que hai entre o cancro e os virus, e como este últimos se poden previr grazas ás vacinas.

A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
8 minutos e 10 segundos
Entidades
Creación: Concello de Pontevedra