O teu corpo contra os implantes | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

O teu corpo contra os implantes

Kaitlyn Sadtler (autoría)
Descrición Vídeo de TED (4´ 39´´) no que a bioenxeñeira e inmunóloga Kaitlyn Sadtler nos explica como reacciona o noso sistema inmunitario ante os implantes corporais. Esta resposta de defensa ante "corpos estraños" é o motivo de que na actualidade todos os implantes teñan que ser substituídos ao cabo dun tempo (que varía segundo a tipoloxía do implante). Kaitlyn Sadtler cóntanos tamén como a comunidade científica está a investigar posibles formas de enganar o noso sistema inmunolóxico para que acepte os dispositivos novos que introducimos nos tecidos corporais, algúns deles de vital importancia para a nosa saúde e calidade de vida, como as bombas de insulina, por exemplo.

Tradución ao galego de Marta Suárez para #TedSaúde 2022.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED
Medidas
4 minutos e 39 segundos