Descrición
“Galicia e as tecnoloxías da información” é o título da mesa coordinada por Domingo Docampo na que participaron Fernando Pérez, director do Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia; José Luís Fernández Carnero, director de Estratexia de Televés, e Luís Castedo, da Universidade da Coruña. Formaba parte do primeiro dos seis foros de debate agrupados baixo o título “Galicia na sociedade do coñecemento”, coordinados por Xosé López e organizados co gallo do 25º aniversario da institución.


