Descrición
En 2005, coincidindo co centenario da publicación dunha obra pioneira da filoloxía e as ciencias da linguaxe, os dous tomos de “Los problemas fundamentales de la filología comparada. Su historia, su naturaleza y sus diversas relaciones científicas” de Ángel Amor Ruibal, o Consello da Cultura Galega organizou un simposio internacional para situar a importancia filolóxico-lingüística do autor no marco da súa época e salientar a importancia que lle corresponde na historiografía española e europea.


