ChatGPT: a intelixencia artificial xa está aquí | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

ChatGPT: a intelixencia artificial xa está aquí

Mario Barcala (autoría)
Descrición A intelixencia artificial (IA) lévase implementando desde hai anos en diferentes ámbitos especializados pero foi o modelo ChatGPT, tan de actualidade estes días nos medios de comunicación, o que permitiu ao conxunto da sociedade comprobar de primeira man o enorme potencial da IA. Neste vídeo divulgativo (24´ 05´´) Mario Barcala, enxeñeiro informático e doutor en computación pola UDC, fainos unha demostración das posibilidades de uso de ChatGPT en tarefas relacionadas coa lingüística.

Esta peza foi elaborada ao abeiro da iniciativa "Palabras binarias: informática para lingüistas", desenvolvida pola empresa NLPgo.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
24 minutos e 8 segundos
Entidades
Creación: NLPgo