Descrición
No ano 2015 Santiago acolleu a novena edición do programa Mateus DOC, organizado polo Instituto Internacional Casa de Mateus de Portugal co fin de estimular a reflexión e o diálogo arredor do concepto de migracións. Esta foi a primeira vez que o encontro se realizou fóra de Portugal, o que foi posible grazas á colaboración do CCG. Na imaxe saen Fernando Cabo, Ramón Villares, Juan Viaño, António Cunha e Teresa Albuquerque nun momento da inauguración.


