Descrición
Casimiro Torreiro (Mirito Torreiro), crítico do xornal El País e profesor de Comunicación Audiovisual da Universitat Autònoma de Barcelona, impartiu un obradoiro de crítica cinematográfica. Durante tres días abordou a historia e a situación actual da crítica de cine, a análise de traballos e a elaboración dunha crítica. José Luis Losa e Miguel Anxo Fernández acompañárono no marco do obradoiro.


