Descrición
Camilo Castelo Branco foi un escritor portugués da mesma época que Rosalía de Castro e que, coma ela, transcendeu a pose literaria do Romanticismo para enraizar na cultura popular e converterse nunha pluma universal. A Casa Museo Rosalía e a Casa de Camilo, situada en Vilanova de Famalicão, realizaron en 2005 un acto de irmandamento. O Consello da Cultura Galega contribuíu cunha exposición que, baixo o título “Os pases de Camilo” (o equivalente á ruta rosaliana), achegou a súa figura.


