Descrición
O Álbum de Mulleres foi unha das iniciativas máis temperás da Comisión de Igualdade e un dos proxectos máis consultados da institución. Foi tamén o xermolo do futuro Álbum de Galicia. A imaxe corresponde á súa presentación, a cargo de Manuel Gago, María Xosé Agra, Carme Adán e Andrés Torres Queiruga.


