Descrición
Xesús Canabal (O Pino, 1897 - Montevideo, 1985) foi un emigrante galego en Uruguai, onde se converteu nun importante empresario. As súas fillas, que saen na fotografía xunto co presidente da institución, cederon ao seu concello natal boa parte dos seus fondos, que foron dixitalizados polo Arquivo da Emigración Galega.


