Existe relación entre o cancro e as enfermidades do corazón? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Existe relación entre o cancro e as enfermidades do corazón?

Nicholas Leeper (autoría)
Descrición O cancro e mais as enfermidades cardiovasculares son as dúas principais causas de morte no mundo e, polo tanto, constitúen un problema de saúde pública de primeira magnitude. E se estas dúas enfermidades, que en principio parecen tan diferentes desde o punto de vista biolóxico, estivesen relacionadas? E se a clave para deter o cancro estivese no corazón? O cardiólogo Nicholas Leeper explícanos nesta charla de TED (15´ 20´´) como as orixes biolóxicas do cancro e das enfermidades cardíacas poden ser as mesmas e suxire a posibilidade de crear novas terapias que permitan tratar as dúas patoloxías ao mesmo tempo.

Tradución ao galego de Laura Anido para TedSaúde 2022.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
15 minutos e 20 segundos