Concerto das Letras Galegas | Imaxe. Recurso de deseño gráfico | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Recurso de deseño gráfico

Concerto das Letras Galegas

Lois Pereiro (homenaxeado/a)
17/05/2011
O 16 de maio de 2011 botou a andar o Concerto das Letras Galegas, co que o Consello da Cultura Galega iniciou unha proposta lúdico-festiva como antesala do Día das Letras. A primeira edición, retransmitida en directo pola Televisión de Galicia, xuntou a Real Filharmonia de Galicia co acompañamento da soprano Carmen Durán e do coro Collegium Compostellanum para interpretar obras de Pascual Veiga, Antón García Abril, Antonio Iglesias, José Castro “Chané” e Rogelio Groba sobre textos de Rosalía de Castro, Álvaro de las Casas, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enríquez e Xosé Filgueira Valverde. O protagonista das Letras dese ano era Lois Pereiro.

#CCG40 #fotohistoria #undíaunhaimaxe
Descrición O 16 de maio de 2011 botou a andar o Concerto das Letras Galegas, co que o Consello da Cultura Galega iniciou unha proposta lúdico-festiva como antesala do Día das Letras. A primeira edición, retransmitida en directo pola Televisión de Galicia, xuntou a Real Filharmonia de Galicia co acompañamento da soprano Carmen Durán e do coro Collegium Compostellanum para interpretar obras de Pascual Veiga, Antón García Abril, Antonio Iglesias, José Castro “Chané” e Rogelio Groba sobre textos de Rosalía de Castro, Álvaro de las Casas, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enríquez e Xosé Filgueira Valverde. O protagonista das Letras dese ano era Lois Pereiro.

#CCG40 #fotohistoria #undíaunhaimaxe
Especiais
Tipo de material
Imaxe. Recurso de deseño gráfico
Data
17/05/2011