Concerto das Letras Galegas | Imaxe. Recurso de deseño gráfico | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Recurso de deseño gráfico

Concerto das Letras Galegas

Xosé María Díaz Castro (homenaxeado/a)
16/05/2014
Descrición No ano 2014 o Concerto das Letras Galegas trasladouse a Lugo para homenaxear a Díaz Castro e a creación lucense. Nesta ocasión, a orquestra Real Filharmonía de Galicia, o grupo vocal Sólo Voces e o Collegium Compostellanum, baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretaron obras de Pascual Veiga, Xoán Montes, Xesús Bal y Gay e Rogelio Groba, sobre textos de Francisco María de la Iglesia, Aurelio J. Pereira, Xosé María Díaz Castro e Xosé Filgueira Valverde. Ademais, supuxo a estrea absoluta da peza “Penélope”, que lle foi encargada a Octavio Vázquez.
Especiais
Tipo de material
Imaxe. Recurso de deseño gráfico
Data
16/05/2014