Descrición
En 2016, o Concerto das Letras Galegas mudou de rexistro e o grupo Milladoiro foi o encargado de render homenaxe a Manuel María cun programa en que, alén de repasar a súa traxectoria, ofreceu varias pezas do disco titulado “Unha estrela por guía”, editado en 2007 e que consistía nunha homenaxe ao poeta lucense, ao percorrer musicalmente libros como “Canciós do lusco ao fusco” ou “Sonetos á casa de Hortas”.


