Descrición
A recolleita de materiais sonoros no concello natal de Antonio Fraguas serviulles a Rodrigo Romaní e a Xaquín Xesteira para compor “Suite Cotobade”, a peza que abriu o programa do Concerto das Letras Galegas de 2019. O Consello da Cultura Galega pensou para esta novena edición unha proposta musical que reflectise ese amor pola cultura patrimonial sobre a que tanto traballou Fraguas. O resultado concretouse no tándem entre a orquestra folk SondeSeu e o grupo de baile O Fiadeiro.


