Descrición
A pandemia non interrompeu o Concerto das Letras Galegas e a décima edición, que se ía celebrar en Ferrol por ser a localidade de nacemento de Ricardo Carballo Calero, adaptouse e retransmitiuse na rede. No día en que Carballo Calero, figura homenaxeada ese ano, faría 110 anos, tivo lugar en Compostela o concerto a cargo do Taller Atlántico Contemporáneo. Nesta ocasión Nani García púxolle música ao poema “Danza” de Carballo Calero.


