Descrición
En 2022 o Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acolleu o tradicional Concerto das Letras Galegas, que homenaxeou tanto o poeta e activista político e cultural Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, Ourense, 1903 - Fair Oaks, EUA, 1987) como a memoria das exiliadas e exiliados republicanos que, coma el, pasaron de Galicia a México. O concerto correu a cargo do grupo Zoar e nel estreouse a peza “Diásporas”, composta para a ocasión por Carme Rodríguez.


