Descrición
O Arquivo da Emigración Galega organizou do 11 ao 14 de xullo de 2006 o Congreso Internacional Galicia: Éxodos e Retornos. O encontro conmemorou o 50º aniversario do I Congreso da Emigración Galega, unha cita histórica que reuniu en 1956 en Bos Aires representantes de diferentes colectividades emigradas e exiliadas dispersas por América, así como destacados intelectuais.


