A soidade e a enfermidade de alzhéimer | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A soidade e a enfermidade de alzhéimer

Susan Frick (autoría)
Descrición Susan Frick fálanos neste charla de TED (6´ 48´´) do impacto que ten a enfermidade de alzhéimer tanto nas persoas que a padecen como nas súas familias. Baseándose na súa experiencia profesional neste campo, explícanos que un dos principais problemas que sofren estes doentes é a soidade, que algunhas veces está provocada pola propia enfermidade, pero na maioría dos casos está provocada pola comunidade social, que se afasta e deixa de interactuar con este tipo de enfermos e coas súas familias. Susan Frick convídanos a reflexionar sobre este drama e a mudar as nosas actitudes cara á xente que padece demencia.

Tradución ao galego de Sofía Martínez Padrón para TedSaúde 2022.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
6 minutos e 48 segundos