Descrición
O Consello da Cultura Galega sempre tivo unha vinculación especial coa Escola Superior de Arte Dramática, único centro formativo oficial de teatro en Galicia, creado por decreto en 2005. Nunha visita ás instalacións provisionais, que estaban situadas no Instituto de Bouzas en Vigo, presentouse unha edición do “Anuario galego de Estudos Teatrais”.


