Descrición
No seu compromiso coas artes escénicas, o CCG acolleu numerosas accións formativas como as II Xornadas Cidadanía e Teatro da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (AADTEG), un encontro do teatro galego que buscaba analizar a potencialidade das artes escénicas na sensibilización sobre problemáticas sociais e as achegas positivas para a súa superación.


