Descrición
70 minutos é un proxecto que une literatura e música, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Deputación da Coruña. Nesta ocasión, entrevistadas por Kathleen March, Marica Campo e Emma Pedreira analizan as súas respectivas obras. As pezas musicais son de Sole Vidal e Aurelio Viribay.


