Descrición
Co gallo da celebración do Día Mundial da Auga de 2006, o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro de Santiago de Compostela desenvolveron un proxecto de divulgación e concienciación para a mocidade sobre a importancia deste ben básico na vida diaria e na cultura. Froito deste traballo, o CCG editou o libro “Auga e cultura. Achegamento gráfico”, que recolle as ilustracións feitas por 73 alumnos e alumnas da materia de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO do centro compostelán, nas que reflicten a súa visión sobre a problemática arredor da auga.


